A colección Dombate, que Editorial Galaxia dedica á poesía, publica 'É', un libro de Manuel Outeiriño no que a linguaxe aproveita todo o seu potencial sonoro e a poesía se contaxia do xogo para intensificar a súa capacidade de chegar ao lector ou lectora. Coa publicación deste poemario de Outeiriño, Galaxia continúa a súa liña editorial de poñer nas librerías, ao carón de novas edicións de títulos senlleiros esgotados ou pouco accesibles, o traballo actual dos poetas que deron a coñecer a súa obra durante os anos oitenta e noventa. Coma unha festa a deshoras, o libro de Outeiriño sorprende e fai abrollar, con humor e con toda a expresividade musical da linguaxe, a emoción do recoñecemento e asemade o espanto do encontro inesperado. Segundo Manuel Outeiriño, en 'É' búscase certa dicción entremedias Ungaretti e os Irmáns Tonetti. Pola súa banda, a poeta María do Cebreiro Rábade Villar afirma que .Manuel Outeiriño é un poeta músico porque, como nunha emulatio do trompetista (tomando a palabra latina no seu dobre sentido reverencial e agónico), é consciente de que o seu traballo consiste en moldear as cualidades e as barreiras do son.
Nesta obra séguese o ritmo vagaroso do dicir.
A expresión destes versos non está en consonancia con preceptiva ningunha: explora esgazaduras, fendas, desconcertos típicos dos nosos días. O poemario m
Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha culturatecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é a crítica do tópicodo que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativodas multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW é profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emérito da Universityof Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) é profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da queé director dende o 2