📗 Libro en gallego GRAN TIBURON BRANCO

Edicións Xerais - 9788499144016

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de GRAN TIBURON BRANCO

Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guía turístico; un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciño pode ser xudeu; unha escritora posmoderna que descobre en México a existencia do mundo real; un músico fracasado que de pura deixadez desencadea a involución da especie; un tipo que narra a súa adolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba non significaba nada en particular. Nos cinco textos está presente a literatura pero dunha maneira tanxencial: aparece como subterfuxio, de pasada. Os cinco narradores narran de casualidade (o acto de narrar é para eles unha experiencia inusual) e nunca volverán facelo, as súas voces non reaparecerán. De aí que os textos de Gran tiburón branco non rematen en final feliz, nin tráxico, nin aberto, senón no punto no que engadir algo máis, seguir escribindo en suma, sería insoportablemente redundante e un pouco ridículo. Suxírese así, unha e outra vez, a idea de que algo grande, demasiado grande (a literatura, o mundo) está a piques de rematar.Gran tiburón branco contén cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo, e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén, da fronteira entre o coñecido e o que vén despois do coñecido: unha muller que engana o seu home catedrático cun guía turístico; un empregado do matadoiro que sospeita que o seu veciño pode ser xudeu; unha escritora posmoderna que descobre en México a existencia do mundo real; un músico fracasado que de pura deixadez desencadea a involución da especie; un tipo que narra a súa adolescencia sureña na que nunca pasaba nada e o pouco que pasaba non significaba nada en particular. Nos cinco textos está presente a literatura pero dunha maneira tanxencial: aparece como subterfuxio, de pasada. Os cinco narradores narran de casualidade (o acto de narrar é para eles unha experiencia inusual) e nunca volverán facelo, as súas voces non reaparecerán. De aí que os textos de Gran tiburón branco non rematen en final feliz, nin tráxico, nin aberto, senón no punto no que engadir algo máis, seguir escribindo en suma, sería insoportablemente redundante e un pouco ridículo. Suxírese así, unha e outra vez, a idea de que algo grande, demasiado grande (a literatura, o mundo) está a piques de rematar.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499144016

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/07/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 260.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Samuel Solleiro


Samuel Solleiro (Tui, 1982) forma parte do colectivo editorial Estaleiro e do grupo musical Ataque Escampe. Gran tiburón branco (Xerais, 2012) é o seu terceiro libro. Anteriormente publicou Elexías a Deus e ao Diaño (Xerais, 2011) e dz ou o libro do esperma (Xerais, 2006). Mantén o blogue http://duaszebras.blogspot.com
Descubre más sobre Samuel Solleiro
Recibe novedades de Samuel Solleiro directamente en tu email

Opiniones sobre GRAN TIBURON BRANCO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana