Incluído na lista White Ravens 2002Unha novela chea de contrastes que prescinde das convencións máis rutineiras da narrativa xuvenil. En Guedellas de seda e liño a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ó axexo dalgúns personaxes que por alí rondan. A novela está escrita coa pulcritude estilística e o rigor constructivo que caracterizan a literatura da autora de Anagnórise. É unha obra que nos convida a compartir un mundo complexo, unhas veces radiante e outras veces noxento, que ten no amor a súa última e verdadeira xustificación.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482883045
Número de páginas: 180
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/11/1999
Año de edición: 1999
Plaza de edición: Es
Especificaciones del producto
Escrito por María Victoria Moreno
María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas... (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006).