📗 Libro en gallego GUIA DO COUREL

XERAIS - 9788499140223

Deportes Montañismo. Senderismo

Sinopsis de GUIA DO COUREL

A través de 22 rutas excepcionais, con valiosísima documentación, e da man dun grupo de naturalistas expertos no Courel, o viaxeiro ou viaxeira ten a oportunidade de percorrer con comodidade e información de primeira man as paisaxes desta serra, o corazón natural de Galicia. Dando a coñecer lugares que hoxe poderían ser modelo de xestión do medio natural e descubríndolle ao viaxeiro a súa vexetación, os mellores bosques do país, as especies ameazadas e, en defi nitiva, a beleza e autenticidade dunha paisaxe sobre a que se fundamenta o turismo rural, Javier Guitián, Luís Guitián e José L. Martínez Villar trazan nesta guía un mapa imprescindible para quen queira adentrarse nos segredos do Courel desde o respecto ao medio ambiente. A ruta das devesas, Froxán, o Val de Moreda, a ruta de Parada (terra de Uxío Novoneyra e María Mariño), de Seoane a Folgoso, Vilamor, a Devesa da Rogueira, o Val de Visuña... son algunhas das citas que esperan polo viaxeiro ou viaxeira con ganas de pasear por rutas sobre as que se vai proporcionando información e datos prácticos que indican a difi cultade, a comida, o baño, a cartografía, os hábitats, a botánica, etc. E todo acompañado de mapas, fotografías e abundante información práctica.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788499140223

Idioma: Gallego

Número de páginas: 208

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/09/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por JAVIER GUITIAN


Descubre más sobre JAVIER GUITIAN
Recibe novedades de JAVIER GUITIAN directamente en tu email

Opiniones sobre GUIA DO COUREL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana