📗 Libro en gallego GUIA DOS CURROS DE GALICIA

Edicións Xerais - 9788497820097

Antropología Antropología de España

Sinopsis de GUIA DOS CURROS DE GALICIA

?Guía dos curros de Galicia?, é a primeira obra bibliográfica destinada a dar a coñecer e divulgar o fenómeno dos curros, un dos acontecementos sociais máis definitorios da nosa tradición. Preparada por dous especialistas, o veterinario Herminio Pose Nieto e o fotógrafo Eduardo Castro, iníciase cun breve percorrido histórico sobre a tradición da cría de cabalos ceibes en Galicia, para logo introducirnos integramente no suceder dos curros. Analízase a historia e orixe do Cabalo de Pura Raza Galega, esquecido durante moitísimos anos e que actualmente se atopa en perigo de extinción. Ofrécense algúns consellos prácticos á hora de visitar os curros. Descríbense os vinteún curros, presentados por provincias, que se celebran ao longo do ano en Galicia. Para cada curro ou rapa detállase o seu calendario e horarios, a súa situación xeográfica, os accesos, os servicios que nos podemos atopar, a historia do curro, o tipo de construcción e o desenvolvemento das tarefas durante a súa celebración. Unha detallada información textual, acompañada de mapas e fotografías sobre a ubicación e o desenvolvemento da rapa. A presente guía categoriza e puntúa cada un dos curros de Galicia en función dos seguintes criterios: a tradición histórica da cría de calos en liberdade na zona de celebración do curro, o manexo dos animais, a non inclusión doutras actividades complementarias ao curro para darlle atractivo turístico, o respecto aos animais e a ausencia de violencia e malos tratos, as instalacións do curro (historia, forma, materiais, reformas, etc.), o emprego de cabalos do país nas prácticas habituais de manexo do gando e a presencia de Cabalos de Pura Raza Galega inscritos entre os acurrados.É, pois, unha completísima e única guía que, mesturando información práctica e turística, pretende destacar tamén as raigames socioculturais destes acontecementos, ademais dos costumes de manexo do gando cabalar nas distintas comarcas e as diferentes tipoloxías das construccións dos curros.

Ficha técnica


Ilustrador: Eduardo Castro (Fotog.)

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820097

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/06/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Roteiros

Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 296.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Herminio Pose Nieto


Descubre más sobre Herminio Pose Nieto
Recibe novedades de Herminio Pose Nieto directamente en tu email

Opiniones sobre GUIA DOS CURROS DE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana