Se a poesía quere intimidade e reflexión, tempo, un dos sitios que mellor lle acaen hoxe é o váter: Hai cu, e polo tanto tamén hai medo. Ser retraído quere tempo. Tempo abondo para facer (de ventre) unha breve e(va)cuación. Tempo que se inviste, por exemplo, en faceren as súas pintadas os vates públicos nos váteres públicos. O váter reduto último do eu, do nós, do noso, do noxo. Un libro de poemas para colgar nun cordel no cravo en que espetamos as follas do xornal para nos limpar; de par da cadea da cisterna do váter. Mentres hai cu, hai esperanza.Se a poesía quere intimidade e reflexión, tempo, un dos sitios que mellor lle acaen hoxe é o váter: Hai cu, e polo tanto tamén hai medo. Ser retraído quere tempo. Tempo abondo para facer (de ventre) unha breve e(va)cuación. Tempo que se inviste, por exemplo, en faceren as súas pintadas os vates públicos nos váteres públicos. O váter reduto último do eu, do nós, do noso, do noxo. Un libro de poemas para colgar nun cordel no cravo en que espetamos as follas do xornal para nos limpar; de par da cadea da cisterna do váter. Mentres hai cu, hai esperanza.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497826709
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/10/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 256.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por O Leo
O Leo (Leonardo Fernández Campos) naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Desde finais do ano 2005 mantén na rede o blog haicu.blogspot.com. Como O Leo i Arremecághona! Publicou baixo licenza Creative Commons as coleccións de mp3 Suspiros de Kaña (A Regueifa Plataforma, 2006) e Aghomita campión! (ARP, 2007) e a colección de vídeos en directo Sigho (Vivo)! (ARP 2007). Compuxo a música para o teatro e fixo de actor en Matarile, A Factoría e Berrobambán. Colabora en Sonotone, Tempos Novos e Protexta. Traballa de lingüista.