📗 Libro en gallego HISTORIA DE GALICIA (2ª ED.)

Edicións Xerais - 9788491211242

Historia local de España Galicia

Sinopsis de HISTORIA DE GALICIA (2ª ED.)

A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491211242

Idioma: Gallego

Número de páginas: 336
Tiempo de lectura:
7h 59m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/11/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTORIA E XEOGRAFÍA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 16.5 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 640.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Anselmo López Carreira


Anselmo López Carreira, nacido en Vigo en 1951, foi deslocalizado a Ourense xa de neno. Licenciado e doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Idade Media galega. O primeiro ámbito de investigación foi a cidade, con estudos centrados en Ourense ("Ourense no século XV", 1991; "A cidade de Ourense no século XV", 1998) ou ampliados ao fenómeno urbano medieval galego ("A cidade medieval galega", 1999). Outros campos de interese, non apartados do marco urbano, son o movemento das Irmandades do século XV ("A Revolución Irmandiña", 1987; "Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía", 1991) e a edición de fontes documentais ("Padróns de Ourense do século XV", 1995; "O pleito das fortalezas da cidade de Ourense", 1998; "Libro de Notas de Álvaro Afonso", 2000; "Fragmentos de Notarios", 2007; "Libro de protocolos de Xoán García", 2007). De índole máis xeral son os seus traballos referentes ao reino medieval, con títulos como "Os reis de Galicia" (2003) ou "O reino medieval de Galicia" (2005) e a participación en varias obras colectivas de "Historia de Galicia". En Xerais ten publicados "O Miño. Un caudal de historia" (2015), "Historia de Galicia" (2016) e "Arte e escritura na Galicia medieval" (2019). Profesionalmente é catedrático de ensino secundario en Cangas do Morrazo e profesor-titor de Historia Medieval e Paleografía no centro da UNED en Ourense.
Descubre más sobre Anselmo López Carreira
Recibe novedades de Anselmo López Carreira directamente en tu email

Opiniones sobre HISTORIA DE GALICIA (2ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana