📗 Libro en gallego HORDAS DE ESCRITURA

Edicións Xerais - 9788497827041

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de HORDAS DE ESCRITURA

Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamén a terceira entrega dunha pentaloxía que Chus Pato vén construíndo baixo o título xenérico de Método. Pero, cando o poema se compón, só lle é fiel a súa propia cicatriz; esa é a lei e a gravidade do texto. Un libro importante dunha das máis abisais, mutantes, imprescindibles e rupturistas escritas do panorama poético contemporáneo.Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamén a terceira entrega dunha pentaloxía que Chus Pato vén construíndo baixo o título xenérico de Método. Pero, cando o poema se compón, só lle é fiel a súa propia cicatriz; esa é a lei e a gravidade do texto. Un libro importante dunha das máis abisais, mutantes, imprescindibles e rupturistas escritas do panorama poético contemporáneo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497827041

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 08/02/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 155.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Chus Pato


Chus Pato
Chus Pato (Ourense, 1955) é poeta. Académica de número da Real Academia Galega, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ao padroado da Fundación Uxío Novoneyra. Publicou os seguintes libros: «Urania» (1991), «Heloísa» (1994), «Fascinio» (1995), «Nínive» (Xerais, 1996, Premio Losada Diéguez), «A ponte das poldras» (1996), «m-Talá» (Xerais, 2000), «Charenton» (Xerais, 2003), «Hordas de escritura» (Xerais, 2008, Premio Nacional da Crítica, Premio Losada Diéguez e Premio Mondoñedo10), «Secesión» (2009), «Carne de Leviatán» (2013, Premio Irmandade do Libro), «Un libre favor» (2019) e «Sonora» (Xerais, 2023), Premio Nacional de Poesía 2024. A Erín Moure débenselle os seguintes volumes con traducións ao inglés: «From m-Talá» (Nomados, 2003), «Charenton» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2007), «m-Talá» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2009), «Hordes of writing» (Shearsman Books & BuschekBooks, 2011), «Secession/Insecession» (2014), «Flesh of Leviatan» (Omnidawn Publishing, 2016) e «The Faces of the Quartzes» (Veliz Books, 2021). Ao español ten traducidas: «Un Ganges de palabras», antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón (CEDMA, Puerta del Mar, 2003), «Heloísa» (trad. Xosé Manuel Trigo, Ediciones La Palma, 1998), «m-Talá» (trad. Teresa Arijón e Bárbara Belloc, Pato-en-la-cara, 2009), «Hordas de escritura» seguido de «Secesión» (Amargord, 2013), «Carne de Leviatán» (Amargord, 2016), «Poesía reunida» (en 3 volumes: Ultramarinos Editorial, 2017, 2019, 2022). Tradución ao catalán: «Antoloxía» (trad. Gonzalo Hermo e Adrià Targa i Ramos, Universidade de Lleida, 2020). Traducións ao portugués: «Carne de Leviatã» (Douda Correria, Lisboa, 2016) e «Um fémur de voz correo a galope» (antoloxía, Officium Letonis, 2022). Tradución ao búlgaro: «Leviatan i drugi istorii» (trad. Tsvetanka Elenkova, Small Stations, 2016). Tradución ao holandés: «Finisterra» (trad. Mariolein Sabarte, Uitgeverij Perdu, 2017). A poesía de Chus Pato conta, así mesmo, con traducións ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas, e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: «Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000)» (Lugo, Arturo Casas ed., Tris Tram, 2003), «Pótwysep w wierszach» (Warszawa, Wydawnictwo Ksiazkowe IBIS, 2006), «New European poets» (Saint Paul, Minesota, Wayne Miller and Kevin Prufer, Graywolf Press, 2008), «Poeti spagnoli contemporanei» (Alessandria, Emilio Coco, Edizioni dell´Orso, 2008), «20 canadian poets take on the world» (Ontario, Edited and introduced by Priscila Uppal, Exile Editions, 2009), «To the winds our sails; Iris writers translate Galician poetry» (Dublín, Salmon Poetry, Mary O`Donnell e Manuela Palacios, 2010) e «Contemporany Galician Poets» (A poetry Review Supplement), selected and translated by Jonathan Dunne (2010). Foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava , Rotterdam e Antwerpen. No ano 2018 a Chus Pato foille concedido o Premio Clara Campoamor e en 2024 o Premio Nacional de Poesía por «Sonora». (Fotografía da autora: Anxo Cabada.)
Descubre más sobre Chus Pato
Recibe novedades de Chus Pato directamente en tu email

Opiniones sobre HORDAS DE ESCRITURA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana