Sinopsis de ILLA DAS ESCULTURAS: A PANTASMA DA INSUA
A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial. A Illa das Esculturas baséase nunha simbiose entre medio ambiente e paisaxe, desenvolvendo un diálogo co espazo natural e a creatividade artística. Estas mesmas premisas guiaron os autores e autoras das obras, de tal xeito que, as esculturas animan a cidadanía a adoitar unha nova ollada do seu tempo de lecer, pondo en relación natureza e arte. Todas as intervencións teñen como fío condutor a pedra de granito que xunta a tradición canteirá da bisbarra coa modernidade e cultura galega. A insua do Covo intégrase na malla urbana de Pontevedra para reconstruír o espazo en desuso nunha paisaxe cultural de referencia e modelo de desenvolvemento urbano sostible. A pantasma da insua: de mañá cedo mentres fai exercicio, o protagonista olla uns códigos qr pegados ás esculturas da insua. A través deles accede a un podcast, que na primeira impresión parece aburrido. Porén, decátase que a voz metálica da gravación coñece moitas situacións da súa intimidade que só el sabe. Violación da intimidade nas redes sociais? Imposible, non é usuario. Mais ben, semella cousas de pantasmas...
Ficha técnica
Editorial: Editorial Elvira
ISBN: 9788412800630
Idioma: Castellano
Número de páginas: 64
Tiempo de lectura:
1h 25m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/12/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 136.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Santiago Lopo
Santiago Lopo (Vigo, 1974) é escritor, profesor e tradutor. Como narrador publicou «Game Over» (2007, VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), «Peaxes» (Xerais, 2009), «Hora zulú» (2012, XXIV Premio de novela García Barros), «A Diagonal dos Tolos» (2014, VIII Premio Narrativa Breve Repsol), «A voz das nereidas» (2016), «A arte de trobar» (2017, Premio Xerais de Novela) e «A carteira» (Xerais, 2021).