Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas
do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporaciónaos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a
súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa doscompañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto
irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades,quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual
no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorialgalego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e
republicano, na defensa da lingua, na escrita... Alí estaban as mulleresgalegas cuxas traxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir un
inxusto baleiro.A través dunha pescuda perseverante en hemerotecas, arquivos,
fundacións, a través de fontes orais, a autora de Irmandiñas confirmoudocumentalmente que na acción social, cultural e política, tamén
estaban elas, mais ese mantelo tan opaco que as cubriu e que apenasdeixou pasar unha raiola de luz sobre as súas vidas e accións, foinas
envolvendo até a actualidade. Todas as que figuran no libro desenvolverona súa actividade no período 1916-1936 e pódense encadrar dentro
das entidades, asociacións, grupos ou organizacións que encabezancada capítulo. Mulleres que deixaron a leira decruada e a semente
botada. É tempo de recolleita.
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484874669
Idioma: Gallego
Número de páginas: 500
Tiempo de lectura:
11h 57m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/02/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Número: 380
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 2.7 cm
Peso: 680.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre IRMANDIÑAS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!