Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un mozo estudante que se despraza á aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán estudiando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este verán sería o máis apaixonante da súa vida. E non só porque se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun apaixonante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana...
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497826020
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/06/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número: 11
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 270.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Antón Cortizas Amado
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.