Sinopsis de LORENZO VARELA: VIDA E OBRA (LETRAS GALEGAS 2005)
Lorenzo Varela. Vida e obra ofrece un percorrido claro, gráfico e didáctico en torno á vida e á obra da figura homenaxeada nas Letras Galegas 2005. Estudiando unha a unha as etapas da súa vida (Infancia e mocidade, 1916-1936; A guerra, 1936-1939; O exilio en México, 1939-1941; e O exilio arxentino, 1941-1976), e dedicando un capítulo especial á poesía galega de Lorenzo Varela, o profesor Carlos L. Bernárdez (o primeiro estudoso da súa obra literaria galega e un dos investigadores máis destacados do seu labor como crítico de arte ) aborda todas as cuestións fundamentais da vida e obra do poeta galego.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497822756
Idioma: Gallego
Número de páginas: 108
Tiempo de lectura:
2h 29m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/03/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por CARLOS L. BERNARDEZ
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas. É coautor do volume "Literatura galega, século XX" (2001) e das edicións de "Fírgoas" de Manuel Luís Acuña (Xerais, 1992) e de "Obra dramática" de Ramón Cabanillas (Xerais, 1996) e Samos (Xerais, 2010); tamén deu ao prelo estudos dedicados a escritores como Rafael Dieste ou Eduardo Blanco Amor. Libros da súa autoría son: "De catro a catro de Manuel Antonio" (1991), "Cincuenta anos de poesía galega" (1994) e "A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco" (1994). En colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro publicou "Romanceiro en lingua galega" (Xerais, 2002) e "Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega" (2001). Sobre Lorenzo Varela foi responsable da edición da súa "Poesía galega" (Xerais, 1990) e dos libros "Lorenzo Varela. Vida e obra" (Xerais, 2005) e "Lorenzo Varela. Biografía e antoloxía" (Xerais, colección Merlín, 2005).