Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas. É coautor do volume "Literatura galega, século XX" (2001) e das edicións de "Fírgoas" de Manuel Luís Acuña (Xerais, 1992) e de "Obra dramática" de Ramón Cabanillas (Xerais, 1996) e Samos (Xerais, 2010); tamén deu ao prelo estudos dedicados a escritores como Rafael Dieste ou Eduardo Blanco Amor. Libros da súa autoría son: "De catro a catro de Manuel Antonio" (1991), "Cincuenta anos de poesía galega" (1994) e "A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco" (1994). En colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro publicou "Romanceiro en lingua galega" (Xerais, 2002) e "Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega" (2001). Sobre Lorenzo Varela foi responsable da edición da súa "Poesía galega" (Xerais, 1990) e dos libros "Lorenzo Varela. Vida e obra" (Xerais, 2005) e "Lorenzo Varela. Biografía e antoloxía" (Xerais, colección Merlín, 2005).
Recibe novedades de CARLOS L. BERNARDEZ directamente en tu email
Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida —vivida e mitificada— que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao longo da súa existencia, a xeito de autorrealización. O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para salientar os aspectos estritamente artísticos situados, no entanto, no contexto xeral cultural e histórico, sen esquecer, evidentemente, o biográfico. Preténdese subliñar os valores artísticos da pintora, na convición de que paga a pena ficar co mellor da artista, non co mito, con ser este ben atractivo, senón coa pintura, que ten un posto na Historia da Arte con maiúsculas, non como unha artista menor máis, senón como unha auténtica creadora que reclama o seu lugar no discurso da historia da pintura do século xx, sen que iso implique esquecermos a muller que procurou e conseguiu rachar barreiras na vida e na arte e que conseguiu plasmar coa súa obra a imaxe da nova muller que, como as súa bañista de finais dos vinte, camiña con paso firme e con vontade de inequívoca afirmación de liberdade.
O romance, como xénero literario, ten de ser englobado dentro da literatura oral tradicional, documentándose a súa presencia desde o final da Idade Media en todos os territorios ocupados polas linguas románicas hispánicas.Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco. Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco. Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias da literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.
O presente volume, dirixido aos escolares do segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, presenta unha breve biografía sobre a figura de Lorenzo Varela e unha antoloxía representativa da súa poesía galega, preparada polo profesor Carlos L. Bernárdez. A relevancia do apartado fotográfico, así como a beleza das ilustracións sobre os dez poemas escolmados, realizadas polo pintor Fino Lorenzo, así como as notas e orientacións para a súa lectura, permiten un achegamento didáctico e atractivo á vida e á poesía galega do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2005.
Lorenzo Varela. Vida e obra ofrece un percorrido claro, gráfico e didáctico en torno á vida e á obra da figura homenaxeada nas Letras Galegas 2005. Estudiando unha a unha as etapas da súa vida (Infancia e mocidade, 1916-1936; A guerra, 1936-1939; O exilio en Mexico, 1939-1941; e O exilio arxentino, 1941-1976), e dedicando un capitulo especial a poesia galega de Lorenzo Varela, o profesor Carlos L. Bernardez (o primeiro estudoso da sua obra literaria galega e un dos investigadores mais destacados do seu labor como critico de arte ) aborda todas as cuestions fundamentais da vida e obra do poeta galego.