📗 Libro en gallego LOURENÇO, XOGRAR

GALAXIA - 9788498656428

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de LOURENÇO, XOGRAR

Premio García Barros 2015Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en Galicia a través da peripecia dun xograr.En opinión do xurado, nesta obra de Manuel Portas destaca a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época.Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non van consentir...

Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788498656428

Idioma: Gallego

Número de páginas: 312
Tiempo de lectura:
7h 25m

Encuadernación: Tapa blanda con solapas

Fecha de lanzamiento: 26/10/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es
Número: 339
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Portas


Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d’inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.
Descubre más sobre Manuel Portas
Recibe novedades de Manuel Portas directamente en tu email

Opiniones sobre LOURENÇO, XOGRAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana