📗 Libro en gallego LUME DE BIQUEIRA

XERAIS - 9788483023884

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de LUME DE BIQUEIRA

Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego...�Bobi Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, �o lateral dereito que chegara do Botafogo� Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes, Kristopher �o internacional dinamarqués�, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva -a estrela do equipo, o goleador esloveno- e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu �neniño de diamante�, camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza�. Así arranca Lume de biqueira, a apaixonante novela histórica do fútbol galego, a utópica historia dun Celta que aposta decididamente polos valores da súa canteira. Xosé Vázquez Pintor sorprenderá con Lume de biqueira, a súa primeira novela escrita e publicada, na que recrea con fidelidade e paixón as intimidades do mundo do fútbol, dende o profesional no que incorpora o protagonista, ata o fútbol base que manexa con paixón e compromiso Xaime Barreiro, o heroe desta fermosa historia, na que permanece sempre como contrapunto a ilusión e paixón diaria dos milleiros de seareiros celestes. Lume de biqueira atraerá a moitos lectores pola orixinalidade de converter o fútbol en materia narrativa, pola emotividade e interese das súas tramas, pola fluidez dunha escrita, pola utilización dunha lingua áxil, innovadora

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023884

Idioma: Gallego

Número de páginas: 280

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/06/1999

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Es
Peso: 300.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Vázquez Pintor


Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Descubre más sobre Xosé Vázquez Pintor
Recibe novedades de Xosé Vázquez Pintor directamente en tu email

Opiniones sobre LUME DE BIQUEIRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana