O Manual e Exercicios de Galego Urxente, preparado polos profesores X. Ramón Pena e Manuel Rosales, actualizado segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega de 2003, está estruturado en dous grandes bloques: o «Manual» (onde se expoñen os contidos teóricos) e os «Exercicios» (para levar á práctica o exposto mediante procedementos).
O «Manual» divídese en catro apartados principais:Ortografía e Morfosintaxe, especie de prontuario gramatical onde aparecen expostas e resoltas as ocasións e empregos máis frecuentes dos diferentes apartados que atinxen á ortografía e á morfosintaxe do galego.
Léxico, con ampla información acerca do uso correcto e incorrecto dun certo número de voces e expresións frecuentes que suscitan dúbidas á hora de falarmos e escribirmos.Topónimos e Xentilicios frecuentes e dubidosos.
Locucións e Expresións Latinas de uso frecuente co seu significado na nosa lingua.Ademais, ofrécense tres apéndices: palabras de ortografía dubidosa, usos do signo de puntuación, e paradigmas gramaticais, que complementan a gramática práctica do primeiro apartado do manual.
Os exercicios constan de varias propostas para levar á práctica os contidos do manual: Ortografía, Morfosintaxe, Léxico-semántica, Expresión e Pasatempos. Este último apartado dos pasatempos, un xeito máis lúdico de aprender lingua, conta con solucionario ao final do libro.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497824934
Idioma: Gallego
Número de páginas: 192
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/11/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Ramón Pena
Xosé Ramón Pena nació en Betanzos en 1956. Es catedrático de lengua y literatura galega. Ha sido también profesor en la Universidad de Vigo y en la Universidad de California (Santa Bárbara). Actualmente es profesor en la UNED. Como narrador, historiador de la literatura y ensayista ha recibido numerosos premios en Galicia. Ha escrito numerosos libros, algunos traducidos al castellano y portugués. En su obra de ensayo destacan los cuatro volúmenes que conforman la Historia da literatura galega (2013-2019).