Sinopsis de MANUEL MURGUIA VIDA E OBRA (LETRAS GALEGAS 2000)
Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luís Axeitos, profesor e investigador da literatura galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de grande interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que se desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodista e autor literario, historiador e constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico, e sempre polémico e polemista. Unha coidada biobibliografía introductoria, ordenada cronoloxicamente, permite seguir paso a paso as vicisitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou. O volume inclúe, ademais, unha selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de, Manuel Murguía no que aparece máis próximo, máis humano e, xa que logo, máis noso.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483024904
Número de páginas: 86
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Ramón Barreiro Fernández y XOSE LUIS AXEITOS
Xosé R. Barreiro Fernández (Ribeira, A Coruña) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Actualmente, despois de exercer a cátedra de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, segue como profesor emérito desta. É tamén presidente da Real Academia Galega. Na súa bibliografía académica figuran varios libros canónicos dentro da historiografía peninsular. Os seus estudos sobre o carlismo galego, o liberalismo e o nacemento do galeguismo ou os cinco tomos do Proxecto Galicia amplían os nosos horizontes intelectuais e poñen acento galego en temas e personaxes que permanecían velados polas circunstancias históricas. Entre outras, ten publicadas as seguintes obras: A parroquia hoxe (1970); El carlismo gallego (1976, reeditado e revisado en 2008 e publicado en galego como O carlismo galego); El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo (1977); El campesinado gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (1980); Historia contemporánea de Galicia (1982); Liberales y absolutistas en Galicia (1808-1833) (Xerais, 1982); Historia de la ciudad de La Coruña (1986); O movemento obreiro en Galicia: catro ensaios (Xerais, 1990); Historia de la imprenta en Galicia (1992); Historia da Universidade de Santiago de Compostela. (1998-2002); Manuel Murguía (2000, con Xosé Luís Axeitos); Historia de Galicia, 5 tomos do Proxecto Galicia (2000-2002); Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810‑2003) (2003, coordinador e autor); Cartas a Murguía (2005); O Tratado da Constitución europea: visións desde Galiza (2005); Manuel Lugrís Freire, o compromiso (2006, con Xosé Luís Axeitos); Os símbolos de Galicia (2007, Consello da Cultura Galega); A gran historia de Galicia (2007, coordinador) e Historia social da Guerra da Independencia en Galicia (Xerais 2009).