📗 Libro en gallego MAR DE BRONCE

Edicións Xerais - 9788475071688

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de MAR DE BRONCE

Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. Arrastrando caxato e paraugas pola praia do Corvo, onde atracaban os bous, o vello Gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don Abel Gorospe Massiá, o fundador da conserveira "A Fábrica", onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. Sentado na pedra do collón do gato, o Ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con Minia Santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; Jennifer, a dinamarquesa, Carme, a primeira noiva da carreira ou con Fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo... Nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, Anxo Gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como Albeitos ou Casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.Esta fermosa novela coral de Xosé Vázquez Pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, Mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. Unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. Arrastrando caxato e paraugas pola praia do Corvo, onde atracaban os bous, o vello Gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don Abel Gorospe Massiá, o fundador da conserveira "A Fábrica", onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. Sentado na pedra do collón do gato, o Ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con Minia Santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; Jennifer, a dinamarquesa, Carme, a primeira noiva da carreira ou con Fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo... Nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, Anxo Gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como Albeitos ou Casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.Esta fermosa novela coral de Xosé Vázquez Pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, Mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. Unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788475071688

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 23/05/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 289.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Vázquez Pintor


Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Descubre más sobre Xosé Vázquez Pintor
Recibe novedades de Xosé Vázquez Pintor directamente en tu email

Opiniones sobre MAR DE BRONCE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana