📗 Libro en gallego MEA CULPA

Medulia Editorial S.L. - 9788410324084

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de MEA CULPA

Nas narracións deste volume hai un habelencioso ganduxado do pouso que o coñecemento de literatura de tradición oral ten deixado en Toño Núñez e, ao tempo, permite entrever as súas lecturas devotas de autores admirados que, a modo de homenaxe, afloran nalgúns treitos evocados e mesmo emulados. Neste sentido, é inevitable a asociación con voces lucenses de recoñecido maxisterio e que, polos universos recreados, os asuntos tratados, as estéticas ensaiadas ou as espacializacións escolleitas resultaron modélicos para o de Vilameixide. Entre estas figuras é do caso amentar a Ánxel Fole, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Manuel María ou Álvaro Cunqueiro, todos eles posprocesados na escrita intuitiva, ecléctica e nada formalista de Toño Núñez. Se ben a heteroxeneidade temática é evidente nestas páxinas, tamén o é a súa adscrición ao que son os grandes asuntos da literatura de todo tempo. Como xa sinalei, o vivencial, máis aínda, o experiencial é determinante no impulso da escrita do autor, o que explica que regrese unha e outra vez a narrar, convenientemente pasado pola peneira do imaxinativo, feitos e sucesos que o impactaron especialmente e deixaron marca indeleble nel”. Extracto do epílogo de Armando Requeixo.

Ficha técnica


Editorial: Medulia Editorial S.L.

ISBN: 9788410324084

Idioma: Gallego

Número de páginas: 221

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/06/2024

Año de edición: 2024

Colección:
NARRATIVA


Especificaciones del producto



Escrito por Toño Núñez


Descubre más sobre Toño Núñez
Recibe novedades de Toño Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre MEA CULPA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana