O que o lector, ou a lectora, ten nas mans e o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xose Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na decada de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguen me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros". Con esta nova edición Editorial Galaxia inaugura a Biblioteca Neira Vilas.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498653434
Idioma: Gallego
Número de páginas: 148
Tiempo de lectura:
3h 27m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/12/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Biblioteca Neira Vilas
Biblioteca Neira Vilas
Número: 1
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 230.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email
Opiniones sobre MEMORIAS DUN NENO LABREGO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
(2) comentarios
5/5
(2)
(0)
(0)
(0)
(0)
Ordenar por:
2 opiniones de usuarios
MARIA ALEJANDRA VILLAR PEREZ
06/02/2024
Tapa blanda
Maravilloso
Miguel
25/05/2023
Tapa blanda
Unha obra imprescindible da literatura galega. Viaxe ao pasado as vidas das nosas xeracións pasadas dende a vista de Balbino, cunha óptica entre profunda e sinxela inmellorable.