Sinopsis de MERMELADAS CASEIRAS. 80 RECETAS QUE SAEN BEN
Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu todo un reto para o ser humano; diso dependía poder eludir a cotiá tarefa de apañar ou cazar, permitindo gozar no inverno dos saborosos froitos de verán. Ao parecer, a primeira referencia escrita a unha marmelada aparece na Historia natural de Plinio (século I), onde se lle dedica algo máis que unha liña de texto nun tratado de dezasete tomos.Até finais do século XIV non atopamos consignada a referencia seguinte, nun libro titulado Le Menagier de Paris (Traité de morale et d´économie domestique, composé en 1393 par un bourgeois parisien) atopamos receitas de froitos como os marmelos, confeitados en mel.Hai que esperar ao século XIX para a gran difusión das marmeladas. Unha burguesía en pleno auxe imita o modo de alimentarse da aristocracia, aproveitando o progreso da agricultura, a dispoñibilidade de froitas boas e do abaratamento do azucre, até entón un produto de luxo.Hoxe os andeis de calquera supermercado están cheos de marmeladas frecuentemente ateigadas de edulcorantes, conservantes e pectinas industriais, sen o aroma e a lixeira textura dunha confeitura feita na casa. A preparación dunha boa marmelada leva implícita unha gran variedade de posibilidades, o goce da creatividade e a satisfacción de poder ofrecer aos demaisaquilo que un fixo coas súas mans. Un bote de marmelada é un delicado obsequio para un amigo que veña visitarnos ou unha familia que nos invitou a cear.Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan apreciarse.O Servizo de Normalización Lingüística informa do libro no seu espazo web.O xornal Galicia Confidencial fai eco da publicación de Marmeladas Caseiras.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499950433
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/06/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
Cociña
Cociña
Especificaciones del producto
Escrito por Montserrat Roig
Montserrat Roig (Barcelona, 1946-1991) se dedicó al periodismo de investigación y a la narrativa. Se dio a conocer en 1970 con Molta roba i poc sabó (Premio Víctor Català), una colección de cuentos, y en 1989 publicó una segunda, El canto de la juventud. En 1972 publicó su primera novela, Ramona, adiós, a la que siguieron Tiempo de cerezas (1977, Premio Sant Jordi), La hora violeta (1980), La ópera cotidiana (1982) y La voz melodiosa (1987). Entre su obra periodística destacan Los catalanes en los campos nazis (1977, Premio Crítica Serra d’Or) y La aguja dorada (1986), además de las recopilaciones de entrevistas, artículos y reflexiones Retrats paral·lels (1976), Dime que me quieres aunque sea mentira (1991) y Un pensament de sal, un pessic de pebre (1992).