MESTERES

Arcadio López Casanova y ROMAN RAÑA LAMA

Edicións Xerais - 9788483024126

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de MESTERES

Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros.Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, Mesteres (publicado inicialmente en 1976) constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente.A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados.Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros.Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, Mesteres (publicado inicialmente en 1976) constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente.A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados.Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483024126

Número de páginas: 136

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/12/1999

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Número: 000048
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 149.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Arcadio López Casanova


Arcadio López Casanova (Lugo, 1942), poeta e ensaísta, cursou entre 1959 e 1964 a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, entrando en relación cos mestres do galeguismo e cos escritores da chamada Xeración das Festas Minervais. Colaborou asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia , e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Xa de volta á súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha memorable homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fdez. de la Vega , colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección " Ronsel " de poesía. Comeza, así mesmo, a impartir docencia no Colexio Fingoy, baixo a dirección do profesor Carballo Calero, e pasa logo ó lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga. En 1967 publica Palabra de honor, libro tamén retirado por orde gobernativa. No 1968 obtén unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas, solicitando a praza do Instituto " Benlliure " de Valencia. Xa instalado na cidade levantina, desenvolve co seu colega e amigo, o profesor Eduardo Alonso, unha ampla tarefa de dirección editorial e de publicacións sobre temas de historia, teoría e crítica literarias, con obras como Lenguaje, expresión literaria y lingüística del español (1970), Lengua española. La expresión literaria (1974), El análisis estilistico (1975) e Poesía y novela (1982). No eido creativo inicia o ciclo dos Mesteres, que adianta en varios Pliegos a amigos, publica a antoloxía Memoria dunha edá (1976) e a edición bilingüe, e primeira, de Mesteres (1976, Xerais 2000). No 1978 obtén o Premio " Adonais " con La oscura potestad (1979), e defende a súa Tese de doutoramento sobre Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea....
Descubre más sobre Arcadio López Casanova
Recibe novedades de Arcadio López Casanova directamente en tu email

Opiniones sobre MESTERES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana