XERAIS - 9788497829014
Mil cretinos, o último libro de narrativa do recoñecido autor catalán Quim Monzó, camiña a través dese difícil equilibrio entre a miseria humana e a vida, abordando a dor, a vellez, a morte e o amor. Desde unha paisaxe cotiá do baleiro, Monzó constrúe un libro rotundo, onde o humor, a miseria e unha certa tristeza tecen un ton de desamparo, de falsa felicidade, que o autor analiza, coma sempre, desde unha ollada sen concesións. Mil cretinos, traducido ao galego por Helena González, é un libro fermoso e contundente dunha das voces máis singulares das literaturas ibéricas de hoxe.
Especificaciones del producto
Escrito por Quim Monzó
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!