A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: "o que morreu con traizón volverá polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo". Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán. Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia. "Morgún" é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499143729
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/10/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 172.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email
Opiniones sobre MORGUN (LOBO MAXICO)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
(1) comentario
5/5
(1)
(0)
(0)
(0)
(0)
Ordenar por:
1 opiniones de usuarios
Wô
24/03/2015
Tapa blanda
Una historia fantástica y dinámica donde las haya, caracteriza muy bien el paisaje gallego entrelazándolo con fantasía y magia celta. Recomiendo leerlo al público juvenil.