En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente. Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411107396
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/10/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 224.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Abril Camino
Abril Camino (Lugo, 1980), pseudónimo de Rocío Otero, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e en Filoloxía Inglesa pola UNED. No ano 2015, despois de traballar como guionista, correctora, tradutora, profesora e editora, comezou as súa traxectoria como escritora, faceta na que podemos destacar as seguintes obras de entre as máis de vinte que xa leva publicado: «Mi mundo en tus ojos» (2018), «La vida después de ella» (2020), «El ayer, nosotros y un mañana imposible» (2020) e «Nuestro último verano en la isla» (2024). Ademais da súa tarefa como autora, imparte obradoiros de Escritura Creativa na Universidade da Coruña, dirixe unha empresa de servizos editoriais e é coautora do podcast de temática literaria «Desquiciadas de libro». En 2025 gañou o XLII Premio Xerais de Novela con «Mulleres que viven xuntas», a primeira obra que publica en lingua galega.