Oito mulleres. Oito universos persoais nos que Galicia aparece sempre como pano de fondo, pero onde a vida ?na súa dimensión máis ampla, aínda que tamén nos seus aspectos máis particulares e intransferibles- é o verdadeiro motivo de reflexión: a historia de cada quen, a memoria da infancia, traballos, lecturas, vocacións, soños, tamén desencantos...Ursula Heinze publicou en 1985 un libro extraordinariamente interesante, Arredor da muller en 18 mundos, no que conversaba de vagar con mulleres do común, anónimas, representativas todas da infantería que fai decote a Historia.Nesta ocasión a proposta é diferente, se cadra complementaria: tres escritoras, unha pintora, unha deseñadora de moda, unha cantante e dúas actricez de teatro falan de si e de todos nós, do presente, do futuro... Na crónica persoal de cada unha delas está ?tamén- a crónica do noso tempo.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475075150
Número de páginas: 246
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2001
Año de edición: 1991
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Ursula Heinze
Ursula Heinze (Colonia, Alemaña, 1941). Licenciada en Filoloxía Xermánica. Trasladouse a Galicia no ano 1968. Foi presidenta do P.E.N. Clube Galego. Colaboradora da Radio Galega e de O Correo Galego. Como narradora publicou as novelas: O soño perdido de Elvira M. (Xerais 1981); Anaiansi (1989); Culpable de asasinato (Xerais 1993), Premio Blanco Amor e Premio Lousada Diéguez de creación; os libros de relatos: Remuíños en coiro (Xerais 1984), Confidencias (1992), Rodolfo (1992), Polas rúas de Padrón (1994); e os libros de entrevistas: Arredor da muller en 18 mundos (Xerais 1985), Mulleres (Xerais 1991). Para o público infantil publicou: O buzón dos nenos (1985); Sempre Cristina (Xerais 1986); A casa abandonada (Xerais 1987), Premio Merlín 1986; Máis alá de Galicia (1989); Xente coma min (1989); A nena de ouro (Xerais 1991); Viaxe estraña (1991); O monstro (1992); Nace un campión (1992); O invento (1993); Quérote (1994). Como ensaísta publicou: As chamadas linguas e literaturas minoritarias (1991), Literatura galega contemporánea (1993), Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993). Realizou diversas traduccións, como As galiñas do vento (Xerais 2000), obra poética de Gunter Grass, recibindo o Premio Ramón Cabanillas (1991) pola versión para o galego do libro de Michael Ende, O ponche dos desexos Como poeta publicou Torso (2002), poemas en alemán e galego.