Lonxe dos criterios que separan a prosa da poesía, en Música de cinza tamén se contan historias, evócase o vivido, o perdido, o que xa non é, para que, dese xeito, regrese. Poesía de raíz dionisíaca, discurso rítmico e escuro, a palabra de Manuel Forcadela arrinca do tempo, da caducidade, do devir imparable que nos dá sentido e que nos forma, esa cinza que nos fala de antigos fulgores, de lumes que xa arderon. Mais o poemario tamén se elabora a partir do aforismo de intención filosófica e a partir da función do azar na construción da beleza.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498651195
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/09/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
Dombate
Dombate
Número: 56
Alto: 22.0 cm
Ancho: 12.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por MANUEL FORCADELA
Manuel Fernández Álvarez (Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.