📗 Libro en gallego NA CERNA DA SELVA

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478246038

Infantil 7 a 9 años Literatura de 7 a 9 años

Sinopsis de NA CERNA DA SELVA

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona. Tal premio consiste nunha estadía de cinco semanas na cerna da selva ruandesa en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de divulgación e protección dos gorilas de montaña. Nesta novela, o autor combina a conradiana busca dun personaxe fascinante apegado ás raíces dun mundo primitivo –cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos- coa desesperada fuxida das mans duns asasinos brutais e abxectos. Faino cunha prosa elegante que contén reflexión, suspense, aventura, aprendizaxe e misterio. Na cerna da selva é tamén a historia do encontro con dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África dos pigmeos, nunha redentora procura na que o protagonista descobre cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que lle cambiarán a súa maneira de afrontar a vida.

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478246038

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/09/2011

Especificaciones del producto



Escrito por Pere Tobaruela


Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, ademais de «Mariña e o balón» (2020), ten publicados estoutros libros para público infantil e xuvenil: «Vouvos papar» (2008), escrita en colaboración con Luz Méndez; «A cripta do apóstolo» (2010) e «O códice do Santo Lugar» (2013). Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con oito títulos.
Descubre más sobre Pere Tobaruela
Recibe novedades de Pere Tobaruela directamente en tu email

Opiniones sobre NA CERNA DA SELVA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana