Neste volume compílase a narrativa inédita e dispersa de Luísa Villalta, agrupada arredor de cinco bloques: “Preludios e fugas”, “Cartas de amor”, “Manual de cartas de amor”, “Logos” e “Mil caracteres”. Textos que poñen de relevo, unha vez máis, o carácter multixenérico da escrita de Villalta, e colócana á altura da poeta e a ensaísta, se fose posible separalas, pois, como ela dixo, todas as palabras son reflexión rítmica sobre a música da existencia.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763523
Idioma: Gallego
Número de páginas: 344
Tiempo de lectura:
8h 11m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/12/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 514
Alto: 23.1 cm
Ancho: 14.9 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 516.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luísa Villalta
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).