NEGROS ESPELLOS

XERAIS - 9788483026717

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de NEGROS ESPELLOS

Negros espellos reune os mellores relatos de intriga e suspense de Ramón Caride.
�Caride Ogando sabe enganchar ao lector coas súas historias de suspense, nas que os vellos temas de rancores, ciúmes, fastíos, asasinatos e suicidios se envolven coa vestimenta sutil do destino�. (Vicente Araguas). �Os contos de Caride veñen ateigados de intensidade, de brevidade na escrita, mais non na forza emocional e na tensión estética da narración. Esta lograda adecuación entre tema e forma é o selo distintivo dos grandes contistas da literatura galega�. (F. Martínez Bouzas). �Reivindicamos Sarou como un dos mellores exemplos de relato negro que poidamos atopar na nosa literatura, exemplo prototípico do proceso de degradación humana� (Xosé M. Eiré). �Ramón Caride regresou á narrativa áspera, esteparia, que marcara os seus comezos. Volveu sobre as historias que agacha a vida cotiá. Son historias con paisaxe inmediata, chámese Sarou ou Louzós� (Camilo Franco).
Ramón Caride é autor, entre outros libros, de Soños eléctricos (1992) Premio Blanco Amor; Lumefrío (1994); e da serie As aventuras de Said e Sheila, ilustrada por Miguelanxo Prado, para o público infantil e xuvenil.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483026717

Número de páginas: 189

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/09/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Peto
Número: 000038

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Caride


Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004), «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018), «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).
Descubre más sobre Ramón Caride
Recibe novedades de Ramón Caride directamente en tu email

Opiniones sobre NEGROS ESPELLOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana