📗 Libro en gallego NON HAI DISCORDIA (PREMIO DE NARRATIVA CIDADE DE LUGO)

Edicións Xerais - 9788483029909

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de NON HAI DISCORDIA (PREMIO DE NARRATIVA CIDADE DE LUGO)

Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicado despois de "Seis cordas e un corazón" (Xerais Negra, 1989), un estilo narrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente a unhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. A estructura de "Non hai misericordia" xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absoluto de "Non hai misericordia" é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicado despois de "Seis cordas e un corazón" (Xerais Negra, 1989), un estilo narrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente a unhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. A estructura de "Non hai misericordia" xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absoluto de "Non hai misericordia" é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483029909

Idioma: Gallego

Número de páginas: 208
Tiempo de lectura:
4h 54m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/05/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS PETO - Literaria

Número: 53
Alto: 17.5 cm
Ancho: 11.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 120.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XELIS DE TORO


Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela). Publicou os seguintes libros de narrativa: «Seis cordas e un corazón», 1989 (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; «Non hai misericordia» (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; «Terminal» (1994); «Os saltimbanquis no paraíso» (1999), novela, Premio San Clemente 2000; «The Corunna boats» (Xerais 2004), novela; «Riofero» (Xerais 2009), novela; Etceteramente (Xerais 2022), novela; «O gato fantasma» (Xerais 2013), novela infantil; «A porta dourada» (Xerais 2018), novela infantil, e «Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope» (Xerais 2021), conto infantil. Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/
Descubre más sobre XELIS DE TORO
Recibe novedades de XELIS DE TORO directamente en tu email

Opiniones sobre NON HAI DISCORDIA (PREMIO DE NARRATIVA CIDADE DE LUGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana