Non nacemos para coidar é un libro colectivo e interdisciplinar que percorre os conceptos e as realidades poliédricas dos coidados desde unha perspectiva de xénero. Os e as autoras de diversas especialidades (a pre-historia, o dereito laboral, a socioloxía, a economía, o traballo social) van desgranando a situación sobre todo das traballadoras domésticas e de coidados. Somos herdeiras neste libro do camiño aberto polo movemento feminista dos anos 1970, que puxo sobre a mesa que nunca imos mudar a desigualdade existente entre homes e mulleres no eido público até que non consigamos maiores cotas de igualdade dentro dos fogares (e sobre todo, nos coidados). As mulleres somos maioría nos empregos a tempo parcial 𠅎n Galiza, o 74,6% son de mulleres—, e tamén somos ampla maioría na petición de permisos de coidado. As mulleres inmigrantes ocupan moitos traballos de coidados, vivindo ademáis nunha global dos coidados” que as conecta cos seus países de orixe.Temos dous sistemas (o capitalismo e máis o patriarcado) que ben entrelazados desprezan o sostemento da(s) vida(s). Poñer os coidados no centro é unha ferramenta multiplicadora para acadar a igualdade. Supón falar do noso dereito ao auto-coidado, do reparto igualitario do traballo dentro do fogar, da esixencia de dereitos laborais das empregadas do fogar, etc. Non nacimos para coidar entra a fondo nestes debates, apostando por unha dignificación das súas condicións laborais, fronte a unha (perigosa) “ética reaccionaria dos coidados” que supostamente valora o traballo que as mulleres facemos, mais pasando por unha renuncia do noso propio benestar para servir a outros, ese “ser-para-outros” perverso do que xa nos advertira Simone de Beauvoir en 1949.
Ficha técnica
Editorial: Servizo de Publicacións Da Universidade de Vigo
ISBN: 9788411880367
Idioma: Gallego
Número de páginas: 162
Tiempo de lectura:
3h 47m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/04/2025
Año de edición: 2024
Colección:
Miscelánea
Miscelánea
Serie/Saga: Serie de textos misceláneos
Especificaciones del producto
Opiniones sobre NON NACEMOS PARA COIDAR
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!