📗 Libro en gallego NON QUERES QUE O POEMA TE COÑEZA

P.E.N. CLUBE DE GALICIA - 9788493340407

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de NON QUERES QUE O POEMA TE COÑEZA

En Non queres que o poema te coñeza-gañador do II Premio de Poesía CAIXANOVA 2003- triunfa a vida. Se os poemas son ríos, aquí flúe un moi manso, quizais o vello Hudson ao seu paso por Brooklyn. O río non está limpo, e vai cantando ata chegar ao salto no que rompe e xa non hai ela nin hai el, porque só canta o vento. Non queres que o poema te coñeza é unha cám,ara escura, un lugar no que o arco da vella, de tanto virar, quedou sen cores, e ás veces sen palabras. A contención é infrecuente en María do Cebreiro e un non pode deixar de preguntarse qué a levou a conterse. Paréceme que este libro agocha algún segredo. Que nel quedou un verso por dicir. E ese verso, tal vez, é o único que importa.


Ficha técnica


Editorial: P.e.n. Clube de Galicia

ISBN: 9788493340407

Idioma: Gallego

Número de páginas: 139

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 22/03/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: A Coruña

Especificaciones del producto



Escrito por MARIA DO CEBREIRO


MARIA DO CEBREIRO
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) publicou os libros de poemas "O estadio do espello" (Xerais 1999); "(nós, as inadaptadas)" (2001); "Non queres que o poema te coñeza" (2004); "Os hemisferios" (2006); a escolma "Objetos perdidos" (2007), en versión galego-castelá; "Cuarto de outono" (2008); "Non son de aquí" (Xerais 2009); "A guerra", con Daniel Salgado (2012); "Os inocentes" (2014); "O deserto" (2015), Premio da Crítica Española ao mellor poemario en lingua galega; "A lentitude" (2017) e "Soños. Arquivos. Cartas" (Xerais 2018). "Non son de aquí" foi traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira en Shearsman Books (2011). En colaboración con Xosé Carlos Hidalgo Lomba, deseñador gráfico d' "O deserto", editou os libros de artista "Poemas históricos" (2010) e "O grupo" (2012). Con Ismael Ramos deu ao prelo o diálogo poético "A ferida" (2013).
Descubre más sobre MARIA DO CEBREIRO
Recibe novedades de MARIA DO CEBREIRO directamente en tu email

Opiniones sobre NON QUERES QUE O POEMA TE COÑEZA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana