Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.
Ficha técnica
Ilustrador: Marina Seoane
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499144368
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/09/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Número: 221
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 241.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.