📗 Libro en gallego O ATENTADO

XERAIS - 9788483023945

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O ATENTADO

Xosé Fernández Ferreiro é autor dunha ampla obra narrativa en lingua galega na que salienta de xeito especial a exploración pioneira dentro da nosa literatura de certos subxéneros, a procura de moi diversos eidos temáticos, e o emprego de diferentes técnicas axeitadas para a construcción dun universo literario múltiple. Xerais vén publicando e recuperando a maior parte da obra narrativa de Fernández Ferreiro, unha das primeiras figuras da novelística galega contemporánea, autor de títulos xa emblemáticos como A morte de Frank González (Xerais, �Peto Literaria�, 1998), Morrer en Castrelo de Miño, A saga dun afiador, Agosto do 36 (Premio Xerais de Novela, 1991) e A cidade das chuvias (Xerais, 1994).
O atentado, ata hoxe a última novela de Fernández Ferreiro, que Xerais publica na súa colección �Narrativa�, enlaza con A ceo aberto (1981), na que creou a figura de Cándido, o garda de tráfico que en Madrid evoca a aldea nativa.En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de España entre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seu casco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro de palla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon a luz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranza dun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontro imposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válido para as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante das grandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido de épocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegos abandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertos nun contexto sociocultural adverso.
O atentado é unha novela de contrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coa narración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coa tenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que se noten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid o afoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxir no tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ata ser destruído dunha maneira dramática e inesperada.
O atentado é unha his

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023945

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Vigo
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Fernández Ferreiro


Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.
Descubre más sobre Xosé Fernández Ferreiro
Recibe novedades de Xosé Fernández Ferreiro directamente en tu email

Opiniones sobre O ATENTADO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana