nha novela que desenvolve liricamente un interesante argumento sobre as relacións familiares. Pipa vive na gran cidade como se estivese soa mentres o avó padece tamén a soidade no seu país. Avó e neta non falan a mesma lingua nin pertencen á mesma cultura. Aínda así, Pipa axudada pola boneca Tarnas e o canario Ismael logra crear arredor de seu avó unha atmosfera de comunicación e de cariño. A aparición de dona Baia Maceda, anfitriona das reunións que lle descobren a Pipa un mundo marabilloso, completará o grupo de protagonistas desta singular historia.
Ficha técnica
Ilustrador: Maria Fe Quesada
Editorial: Bruño
ISBN: 9788421665947
Idioma: Gallego
Número de páginas: 176
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 26/02/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Alto: 19.0 cm
Ancho: 12.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 188.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Helena Villar
Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940), mestra e licenciada en Filosofía e letras. Exerce en Santiago de Compostela. Colabora habitualmente en O Correo Galego. Fundadora e membro da xunta directiva do Pen Clube de Galicia. Autora de numerosos materiais para o ensino da lingua galega. Estreou a súa producción literaria con Alalás (1972), un libro de poemas, ao que seguiron, entre outros, os poemarios Festa do corpo (1994), premio Miguel González Garcés; Album de fotos (1999); Nas hedras de clepsidra (2000). Da súa producción destinada ao público infantil podemos citar as seguintes obras: Símbolos de Galicia (1979), ensaio; Lección conmemorativa sobre Rosalía (1980), ensaio; Contos de nós e da xente (1983); O libro de María (1984), cancioneiro; O día que choveu de noite (1985); Viaxe á illa Redonda (1987); Vermiño (1988); A cidade de Aldara (1989); Ero e o Capitán Creonte (1989); Patapau (1989); A canción do rei (1991); O avó de Pipa (1991); Don merlo con chaqueta (Xerais 1993); Contos do paxaro azul (1994), A voda de papá (1994); A campa da lúa (Xerais 1999) e Belidadona (2002).