leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego O BOSQUE E GRANDE E PROFUNDO

Edicións Xerais - 9788499145402

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O BOSQUE E GRANDE E PROFUNDO

O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western apocalíptico ao relato de iniciación) que se ensamblan nunha estrutura de sinfonía atonal. Novela de límites, de cuestións definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentación artística e discurso indagatorio no bosque do real.O bosque, eido primario onde a natureza impón o seu poder, está a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilización sepultada baixo a barbarie. Dous irmáns-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio á inocencia. Obra polimorfa, de múltiples rexistros (do western apocalíptico ao relato de iniciación) que se ensamblan nunha estrutura de sinfonía atonal. Novela de límites, de cuestións definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentación artística e discurso indagatorio no bosque do real.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145402

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/08/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Número: 343
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 231.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Darriba


Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario, entre outros. Escribe guións para programas e series de televisión («Land Róber», «Malo será!», «O Faro», «Serramoura»...). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil «Paf Xarope», á que seguiron títulos como «Velada do billarista» (2001), «Accidental» (2003), «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), os tres publicados tamén en castelán, o libro de relatos «Elefante» (Xerais, 2018) e «A realidade» (Xerais, 2021). Coa súa incursión na narrativa infantil («Brais e os demais», 2010) foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios «Calor» (1997), «Vostede non sabe con quen está a falar» (Premio Espiral Maior 2004) e «Os indios deixaron os verdes prados» (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política «AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda» (2013). Sobre «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog «Novenoites»); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, «El Mundo»); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, «La Voz de Galicia»); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso"). Sobre «Elefante» comentouse que está «no ronsel do mellor Borges (...), nos ecos do Carver máis inquedante» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»). (Foto do autor: Toño de López )
Descubre más sobre Manuel Darriba
Recibe novedades de Manuel Darriba directamente en tu email

Opiniones sobre O BOSQUE E GRANDE E PROFUNDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana