📗 Libro en gallego O CABALEIRO PEPINO

OQO EDITORA- 9788496788138

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de O CABALEIRO PEPINO

Pepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias.

Cunha clara vontade de resaltar a importancia dos verdadeiros valores humanos, Carmen Gil crea un divertido e tenro personaxe, con aptitudes de sobra para gañar o afecto de todos. Unha conduta a súa, que nos recorda moito á daqueles antigos e nobres cabaleiros con ansia de xustiza.

A autora con prosa áxil e sen renunciar ao seu ton lírico habitual, engarza con mestría parágrafos xeniais polos que desfilan divertidos personaxes do mundo da fábula. Mais neste relato, tamén hai momentos que semellan tirados das novelas de cabaleiros, sensibilidade romántica e por último, un xeito de se expresar humorístico e irónico, que ridiculiza con astucia os comportamentos violentos e irracionais ao redor das batallas.

Os sucesos están narrados ao estilo da tradición oral, con diálogos frecuentes e unha linguaxe sinxela que lle fará sentir ao lector o valor das pequenas cousas e a importancia da conduta individual, á marxe de ideas ou crenzas convencionais que, a pouco que se reflexione, resultan absurdas.

Pola súa banda, Anna Castagnoli presenta unha colaxe integrada na técnica pictórica tradicional, nun traballo moi elaborado, minucioso e innovador. Xoga cos escenarios da historia, e consegue involucrar o lector con poéticas imaxes que inciden sobre os sentimentos. Por último, hai que salientar o afán da ilustradora italiana, por reflectir a distinta personalidade de cada un dos personaxes, que describe con delicados recursos plásticos, ao igual que o ambiente.

Texto de Carmen Gil
Ilustracións de Anna Castagnoli
Tradución do castelán de Marisa Núñez


Ficha técnica


Ilustrador: Anna Castagnoli

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788496788138

Idioma: Gallego

Número de páginas: 64

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/02/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Escrito por Carmen Gil


Carmen Gil, lleva años dedicada a la enseñanza y a escribir para niños. Da cursos de poesía infantil y es la creadora de la revista digital Cosicosas. También da charlas sobre animación a la lectura y recita sus poemas en colegios y bibliotecas. Ha estrenado obras de teatro y publicado varios libros, uno de ellos, Versos de colores, ilustrado por ella misma.
Descubre más sobre Carmen Gil
Recibe novedades de Carmen Gil directamente en tu email

Opiniones sobre O CABALEIRO PEPINO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana