Que ocorrería se o sol non espertase ao chegar a primavera? O caracol e o grilo andan moi preocupados porque este ano ao sol parece que se lle esqueceu a hora de derreter a neve dos cumios das montañas, de iluminar as flores, de quentar a terra.A única solución será organizarse e, entre todos, ir á procura deste sol preguiceiro que tanto está alterando a vida da fraga.Da mesma maneira que esta historia nace para propiciar unha lectura compartida; nace unha lectura nova, aquela na que o adulto vai guiando o camiñar por un texto e por un tratamento plástico esixentes, pero perfectamente comprensibles e asimilables nesa lectura compartida, conversada.Para pais que querem levar á casa non só un libro para que os fillos lean, senón para ler con eles. Para aulas nas que a lectura é unha actividade tutelada. Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao lector. Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento.
Ficha técnica
Ilustrador: Uhía Manolo
Editorial: Everest
ISBN: 9788440305244
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/03/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Alto: 28.0 cm
Ancho: 21.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Uhía
Lourdes Maceiras (Lourdes Maceiras García) (Barcelona, 1955) é médica e profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública na Universidade de Vigo. Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil: O torques de ouro (1989);Rabibranca (1991); Nos xardíns (1994); A pantasma da torre (Xerais 2002), ademais do relato "Foi nas vacacións", incluído no volume colectivo E dixo o corvo.