📗 Libro en gallego O GABINETE DAS MARABILLAS DO ARXENTINO DA ROCHA ALEMPARTE

Irene Pérez Pintos y RODRIGO PEREZ PINTOS

Edicións Xerais - 9788499146287

Museología y museos

Sinopsis de O GABINETE DAS MARABILLAS DO ARXENTINO DA ROCHA ALEMPARTE

Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades -chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillas...-, xerme dos museos actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruosos..., pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán.Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades -chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillas...-, xerme dos museos actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruosos..., pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán.Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.

Ficha técnica


Ilustrador: Ramón Trigo

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499146287

Idioma: Gallego

Número de páginas: 384

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/03/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 930.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Irene Pérez Pintos


Irene Pérez Pintos (Vigo, 1954), licenciada en Filoloxía Románica pola USC, traballa dende hai anos como profesora de Lingua galega no ensino (público) secundario. É autora de varios contos infantís: Ire (2000), Manu (2001), O porco centelludo (Xerais, 2003) e «Cousas que facer en días de chuvia», publicado no volume colectivo Quéroche contar un conto (Xerais, 2010); do manual de regulares maneiras Etiqueta para todos (Xerais, 2009) e da unidade didáctica Xosé Mª Álvarez Blázquez (Xerais, 2008). Tamén é nai orgullosa de dous fillos e dunha filla, e irmá de Rodrigo Pérez Pintos.
Descubre más sobre Irene Pérez Pintos
Recibe novedades de Irene Pérez Pintos directamente en tu email

Opiniones sobre O GABINETE DAS MARABILLAS DO ARXENTINO DA ROCHA ALEMPARTE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana