O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia. Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira páxina até o seu sorprendente desenlace. Unha intensa narración dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499147383
Idioma: Gallego
Número de páginas: 328
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/10/2014
Año de edición: 2014
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 333.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Eduardo Santiago
Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964) debutou como escritor en lingua galega no ano 2012 coa publicación da novela xuvenil de ficción científica «2044» (2012), á que seguiron: «A teoría do tempo imaxinario» (2013), novela tamén de ficción científica xuvenil escrita en feminino xenérico, e «O Gran Reino» (Xerais, 2014), merecedora do premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. No ámbito da literatura infantil publicou «O mundo máxico de Lía» (Xerais, 2020), «A miña amiga invisible» (Xerais, 2023) e «A nena do pixama estrelado» (Xerais, 2025). En lingua castelá ten publicadas tres novelas de misterio psicolóxico, «El club de los amantes arrepentidos» (2018),«La decisión de buscar a Sofía» (2021), «La insólita cuarentena de Clara Peleteiro» (2022) e a novela distópica «2M84» (2019).