Félix Caballero Wangüemert (Logroño, La Rioja, 1967) vive en Galicia desde 1991. É doutor pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Traballou como xornalista en " El Correo Gallego " , " Riadevigo.com " e " España Exterior " . É autor dos libros " O humor galego alén da retranca " (2012), " O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro " (2012), " O humor en cadriños II. Conversas con Pinto&Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide " (2017) e " Falemos de caricatura " (Xerais 2018).