📗 Libro en gallego O LADRON DE ESPERMA

XERAIS - 9788483027295

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O LADRON DE ESPERMA

Cinco relatos de marcado carácter experimental e variado rexistro que van dende o exotismo intelectual á recuperación da memoria dos primeiros días da Guerra Civil en Compostela.
O ladrón de esperma está constituído por cinco relatos de marcado carácter experimental e variado rexistro, que vai dende o exotismo intelectual de �Shinju�, onde se revisa a tradición do suicidio de mutuo acordo entre dous amantes co fin de probar o carácter xenuíno do seu amor, que se realiza no Xapón, ata o relato �O ladrón de esperma�, que dá título ao libro, onde se analiza o comportamento sexual humano mimetizado co dos insectos (os traballos científicos relatan que os cabaliños do demo macho teñen o seu pene deseñado non só para fecundar á femia, senón tamén para limparlle a vaxina de xeito que non quede ningún tipo de resto de esperma do macho anterior), pasando por un conto onírico con catro finais posibles, �Soño nunha noite de inverno� ou a visión bifocal dun acontecemento escoitado en voz baixa durante a nenez polo autor, �O tío Filipe�; finalmente, �Os cabalos da procesión� aporta unha versión de cómo se viviron os primeiros días da Guerra Civil española en Compostela. Imaxinado tamén a partir dunha historia incompleta que algún día escoitou Xavier Queipo por boca dun seu ancestro. Xavier Queipo obtivo cos relatos incluídos en O ladrón de esperma o Premio Café Dublín 2000.
Xavier Queipo (Santiago, 1957) ten publicado Ártico e outros mares (1990), Premio da Crítica Española; Ringside (1993), Diarios dun nómada (1993), Contornos (apuntes de filosofía natural, Xerais 1995), O paso do noroeste (1997), Premio García Barros; Mundiños (microrrelatos científicos, Xerais 1997), Manual de instruccións (ensaios de antropoloxía cultural, Xerais 1999), Malaria sentimental (novela, 1999), Papaventos (novela, Xerais 2001) e O ladrón de esperma (relatos, Xerais 2002).

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027295

Idioma: Gallego

Número de páginas: 88
Tiempo de lectura:
2h

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/01/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo
Peso: 160.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Queipo


Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.
Descubre más sobre Xavier Queipo
Recibe novedades de Xavier Queipo directamente en tu email

Opiniones sobre O LADRON DE ESPERMA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana