O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos. "Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato." "Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.
Ficha técnica
Ilustrador: Xosé Cobas
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497829168
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/10/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN
INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN
Alto: 29.0 cm
Ancho: 19.5 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 940.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xabier Puente Docampo
Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.