O lume contador de historias naceu cando un raio caeu sobre unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo. Esa póla vaina recoller un pastor para escorrentar con ela os lobos que ameazan o seu rabaño. Para o lume contador de historias empeza nese momento unha viaxe durante a cal vai coñecer personaxes excepcionais e realidades insólitas que lle axudarán a coñecer o seu destino.
Ficha técnica
Ilustrador: Carole Hénaff
Editorial: Editorial Tambre (Edelvives)
ISBN: 9788490461471
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/02/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Colección:
Ala Delta - Serie Verde
Ala Delta - Serie Verde
Número: 32
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos López Gómez
Boimorto, 1967. Periodista, humorista gráfico e escritor. Con Minimaladas acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2007 e en 2008 o Raíña Lupa pola novela A peripecia de Roi. Os seus libros Contos para nenos que dormen deseguida e Nicomedes o pelado obtiveron o The White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Munich en 2011 e 2014. Outros galardóns concedidos á súa obra destinada ao lectorado infantil son o Xosé Neira Vilas, o Fervenzas Literarias, a inclusión na Lista de Honor de Clij 2014, e na da OEPLI 2020 por O dragón que non botaba lume. Libros seus foron traducidos a linguas como o catalán, o portugués, o italiano, o grego, o chinés, o coreano e o francés.