Pete Payne ten catorce anos. Un día descobre que padece de hipocondría, que é un completo maniático da saúde. Durante todo un ano confiará ó seu diario os fascinantes pormenores médicos que recolle en calquera fonte ó seu alcance. A súa amplísima investigación abarca aspectos tan diversos como o acne, o alcohol, as drogas, o sexo, as dietas, os accidentes e toda clase de enfermidades. Un libro que actualiza nesta fin de milenio ó Diario dun xove maniático (colección Xabarín, Edicións Xerais de Galicia), seguido por milleiros de lectores e lectoras. Esta é unha obra que interesa ós adolescentes que queren saber, pero que son moi vergonzosos para preguntar e ós pais e nais que saben un pouco, pero que son moi vergonzosos para responder. Os autores, Aidan Macfarlane e Ann McPherson son médicos e traballan na comarca de Oxford. Escribiron os libros publicados por Xerais na súa colección «Xabarín» Diario dun xove maniático e Eu tamén son maniática, acollidos de xeito entusiasta polo público xuvenil galego e que agora son reeditados, actualizados e revisados, dentro da colección Fóra de Xogo, onde xa publicaran Eu e os meus colegas.
Ficha técnica
Traductor: Montserrat Paz
Prologuista: Xose Maria Moreno
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483025819
Idioma: Castellano
Número de páginas: 224
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/12/2000
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número: 48
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 240.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Aidan MacFarlane y Ann McPherson
J.P. Costa és doctor en Ciències Econòmiques i Empresarials i actualment exerceix la docència en una universitat catalana. Ha publicat diferents llibres i articles acadèmics en prestigioses revistes d’Europa i els Estats Units. Aquesta és la seva primera novel·la. Actualment viu a Barcelona, juntament amb la seva dona i els seus fills.
Aidan Macfarlane dirixiu o servizo de Saúde Infantil e Xuvenil para as Autoridades Sanitarias do condado de Oxford. Na actualidade é asesor por conta propia en saúde infantil e xuvenil. Ann Mcpherson é doutora de medicina xeral con moita experiencia nos xoves e os seus problemas, é tamén lectora do Departamento de Saúde e atención Primaria na Universidade de Oxford. As súas obras contán con millóns de lectores en todo o mundo, sendo traducidas a máis de vinte linguas. En galego teñen publicado: Diario dun xove maniático (Xerais 1991) Eu tamén son maniática (Xerais 1993), Eu e os meus colegas (Xerais 1995), Novo diario dun xove maniático (Xerais 2000), O diario da outra maniática (Xerais 2000) e Guía para xoves maniáticos (Xerais 2004). Outros libros seus en inglés son: Mun I feel funny, premio do suplemento de Educación do xornal Times; The virgin now boarding e Fresher Pressure. Publicaron tamén un libro para pais sobre a adolescencia titulado Teenagers:The agony, the ectasy, the answers (2000). Aidan Macfarlane e Ann Mcpherson teñen unha páxina web con moito éxito na que está baseada a Guía para xoves maniáticos, (www.teenagehealthfreak.org) que recibe máis de 150.000 visitas á semana e que gañou o premio BUPA de comunicación.