📗 Libro en gallego O QUE BEN CHE QUER (GALLEGO)

OQO Editora - 9788498710304

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de O QUE BEN CHE QUER (GALLEGO)

Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos coouse por debaixo da porta un airiño que recendía a rosas. O ar, que viña cantando, traía no colo unha nena acabada de nacer, a filla de María Luísa e mais de Xosé María, o seu home, e o escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2008. Tanta graza lles fixeron aos pais, as cores da cara da meniña: o louro do cabelo, o azul intenso dos ollos, por non falar daquelas fazulas vermellas, que lle puxeron de nome Colorín. Alén diso, Xosé María escribiu unha serie de poemas para ela, que OQO Editora acaba de publicar nunha edición moi especial, con ilustracións da filla do poeta, a artista Berta Cáccamo. O que ben che quer, confórmano por unha parte, algunhas desas composicións que o autor escribira para a súa filla Colorín e que ficaran inéditas, xunto con outros poemas, xa incluídos por Álvarez Blázquez no seu poemario Roseira do teu mencer. Con este volume, Berta Cáccamo homenaxea o labor poético do seu pai, por medio do seu imaxinario plástico, con creacións en acuarela, abstraccións en trazos delicados. Deste xeito, a artista viguesa que pon ao servizo da palabra poética, as cores do seu pincel, ofrécenos neste volume unha obra depurada e suxestiva, sinxela mais cunha gran forza expresiva. Pola súa banda, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, outro dos fillos do autor das Letras Galegas 2008, agasállanos cun prólogo que nos introduce no universo poético de rimas e xogos, que celebran o nacemento da vida.

Ficha técnica


Ilustrador: Berta Caccamo

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498710304

Idioma: Gallego

Número de páginas: 32

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/02/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
colección Q

Alto: 20.0 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé María Álvarez Blázquez


Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicou en 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.
Descubre más sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Recibe novedades de Xosé María Álvarez Blázquez directamente en tu email

Opiniones sobre O QUE BEN CHE QUER (GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana