A vida, o mundo, as amizades, as homenaxes, a historia, a literatura protagonizan este centenar de artigos de Xosé Neira Vilas escritos ao compás do sarillo do tempo que marca o existir e o facer do seu autor. A aventura do aviador Piñeiro, “o home paxaro”; a peripecia vital da case centenaria Isaura Gómez; o traballo dos emigrantes mariñeiros; ou a presenza da parella de cegos cantando a dúo nas feiras aldeanas son evocados con emoción e rigor documental nestes textos que constitúen un dos cumes do noso xornalismo literario. Tras concienzudas consultas e verificacións e asumindo o reto de ofrecer en poucas liñas a substancia das vidas e dos acontecementos relatados, o autor, un clásico vivo da nosa literatura, consegue engaiolar ao lector con cada unha destas pezas labradas pola crónica, a memoria e a palabra de raíz galega.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497820868
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240
Tiempo de lectura:
5h 40m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 26/02/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...