A figura de Diego Xelmírez, con ser tan senlleira e mesmo única na historia de Galicia, goza dunha irregular fama. A súa executoria histórica reúne en si mesma, a partes iguais, tanto de grandeza como de maldición. Non deixou indiferente a ningún dos seus estudosos, pero tampouco os seus coetáneos inmediatos lle gardaron fidelidade. As súas cinzas fican en lugar ignoto e o seu recordo, na propia cidade que tanto engrandeceu, limítase a unha humilde rúa que levou durante moitos séculos o popular nome de «Rego de auga». Con todo, seguen en pé as obras e pazos, rúas e fontes cuxa construción promoveu, seguen manando auga os libros que alentou e a súa figura continúa a ser tan interesante como controvertida. Talvez sexa esta a maíca que debe pagar quen aspirou a estar por riba dos tempos que lle tocou vivir, que tal foi o caso do arcebispo Diego Xelmírez.
Ficha técnica
Editorial: Consello Da Cultura Galega
ISBN: 9788492923533
Idioma: Gallego
Número de páginas: 486
Tiempo de lectura:
11h 37m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/01/2013
Año de edición: 2013
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Especificaciones del producto
Opiniones sobre O SECULO DE XELMIREZ
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!