📗 Libro en gallego O SOL DE HOMERO: UNHA DEFENSA DA POESIA

XERAIS - 9788483028377

Estudios literarios Poesía

Sinopsis de O SOL DE HOMERO: UNHA DEFENSA DA POESIA

O sol de Homero do poeta e ensaísta Xavier Seoane é unha lúcida reflexión sobre a creación poética. Unha nova defensa da poesía. A constatación da súa necesidade no horizonte do terceiro milenio. Desde as orixes da modernidade, a creación poética non se disociou da reflexión crítica. Os poetas exploraron a súa razón de ser, tratando de arrancar o seu misterio. Para os poetas, o noso é un tempo de poética: a busca do seu lugar na sociedade e na historia. O retorno desde o exilio á Polis. A poesía é catarse e comunicación, conto e canto, elexía e festa, mais tamén producción de sentido e vía de coñecemento. Un camiño de plenitude cara á posesión do real absoluto do que falaba Novalis. A poesía é unha chave para a Casa do ser. Para a revelación da plenitude da existencia. Paxaro atrapado a man, a poesía é o territorio da revelación e do abraio. Transcendencia e día a día. Verbo encarnado. Lume e arpa, o sol de Homero parece aínda irradiar no horizonte da época contemporánea.Esta defensa da poesía de Xavier Seoane realizouse optando por acudir as testemuñas dos propios poetas. Este ensaio constitúe unha pequena babel de referencias, de declaracións ou de poéticas -en prosa e verso- dos poetas sobre a poesía co obxectivo de que o lector curioso e interesado acuda ás fontes que aquí se nomean, na conciencia de que non o defraudarán. Un ensaio necesario e optimista sobre esa esfinxe que interroga ao lector, sobre ese espello que é a páxina poética, esa lectura secreta do rostro.O sol de Homero do poeta e ensaísta Xavier Seoane é unha lúcida reflexión sobre a creación poética. Unha nova defensa da poesía. A constatación da súa necesidade no horizonte do terceiro milenio. Desde as orixes da modernidade, a creación poética non se disociou da reflexión crítica. Os poetas exploraron a súa razón de ser, tratando de arrancar o seu misterio. Para os poetas, o noso é un tempo de poética: a busca do seu lugar na sociedade e na historia. O retorno desde o exilio á Polis. A poesía é catarse e comunicación, conto e canto, elexía e festa, mais tamén producción de sentido e vía de coñecemento. Un camiño de plenitude cara á posesión do real absoluto do que falaba Novalis. A poesía é unha chave para a Casa do ser. Para a revelación da plenitude da existencia. Paxaro atrapado a man, a poesía é o territorio da revelación e do abraio. Transcendencia e día a día. Verbo encarnado. Lume e arpa, o sol de Homero parece aínda irradiar no horizonte da época contemporánea.Esta defensa da poesía de Xavier Seoane realizouse optando por acudir as testemuñas dos propios poetas. Este ensaio constitúe unha pequena babel de referencias, de declaracións ou de poéticas -en prosa e verso- dos poetas sobre a poesía co obxectivo de que o lector curioso e interesado acuda ás fontes que aquí se nomean, na conciencia de que non o defraudarán. Un ensaio necesario e optimista sobre esa esfinxe que interroga ao lector, sobre ese espello que é a páxina poética, esa lectura secreta do rostro.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483028377

Idioma: Gallego

Número de páginas: 312
Tiempo de lectura:
7h 25m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/07/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Peso: 430.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Seoane


Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.
Descubre más sobre Xavier Seoane
Recibe novedades de Xavier Seoane directamente en tu email

Opiniones sobre O SOL DE HOMERO: UNHA DEFENSA DA POESIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana